Todos seres vivos, para poder decir que o son, deben poder realizar as funcións vitais:
- Nutrición, que consiste en obter nutrientes (alimentos e osíxeno), levar estes nutrientes a todas as células do corpo, e expulsar ao exterior as substancias de refugallo.
- Relación, que consiste en ter contacto co medio e reaccionar e relacionarse con el movéndose, pechando os ollos, saltando, falando...
- Reprodución, que consiste en que os seres vivos poden ter descendentes da súa mesma especie.
E agora un vídeo sobre cada unha das funcións vitais:
Tes agora aquí un enlace para practicar os teus coñecementos sobre os seres vivos.
AS CÉLULAS
-
A célula é a parte máis pequena con vida.
As células realizan as tres funcións vitais.
- Os seres vivos estamos formados por células microscópicas, e cada célula ten que realizar as funcións vitais para vivir, é dicir, as células nútrense, relaciónanse e reprodúcense.
Algúns seres vivos están formados por unha soa célula, como as bacterias . Chámanse seres unicelulares.
Outros están formados por moitas células, son os seres pluricelulares. Nós estamos formados por ...BILLÓNS DE CÉLULAS !
Estas son bacterias. Cada unha está formada por unha soa célula |
As células animais e vexetais teñen moitas partes en común, pero entre elas hai algunhas diferenzas fundamentais:
-A forma. As células animais teñen formas máis variadas: esféricas, alongadas, fusiformes, estreladas....E tamaños variados, pequenas coma os glóbulos vermellos, grandes como as neuronas... As vexetais teñen normalmente forma de prisma e son grandes.
-A parede celular. Só a teñen as células vexetais.
-Os cloroplastos. Só os teñen as células vexetais. Neles está a clorofila.
NOS SEGUINTES VÍDEOS PODES VER COMO É A CÉLULA ANIMAL E VEXETAL E CAL É A FUNCIÓN DE CADA UNHA DAS SÚAS PARTES:
A CÉLULA ANIMAL
A CÉLULA VEXETAL
E agora uns compañeiros doutros anos nos amosan a súa célula feita con plastilina.
Célula animal |
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN CELULAR
Pero... Como se organizan as células para formar seres vivos pluricelulares?
Esto chámase organización celular.
Estas son actividades que che poden servir de repaso destes primeiros apartados do tema, fai clic nos seus títulos en forma de enlaces amarelos:
OS SERES VIVOS E AS CÉLULAS
ESTRUCTURA DOS SERES VIVOS
Pero... Como se organizan as células para formar seres vivos pluricelulares?
As CÉLULAS que realizan o mesmo traballo ou función , xúntanse e forman TECIDOS.
Varios tecidos que realizan a mesma función forman un ÓRGANO.
Varios órganos que realizan unha mesma función forman un APARATO ou SISTEMA.
O conxunto de todas as células, tecidos, órganos e aparatos ou sistemas forman un ORGANISMO.
Mira este esquema e debuxo que vimos na clase:
NIVEL 1- CÉLULA
NIVEL 2- TECIDO
NIVEL 3- ÓRGANO
NIVEL 4- SISTEMA OU APARATO
NIVEL 5- ORGANISMO
Esto chámase organización celular.
Estas son actividades que che poden servir de repaso destes primeiros apartados do tema, fai clic nos seus títulos en forma de enlaces amarelos:
OS SERES VIVOS E AS CÉLULAS
ESTRUCTURA DOS SERES VIVOS