domingo, 3 de octubre de 2021

OS SERES VIVOS. AS CÉLULAS. A ORGANIZACIÓN CELULAR

 Resultado de imaxes para niveles de organizacion celular dibujos
 Todos seres vivos, para poder decir que o son, deben poder realizar as funcións vitais:
  • Nutrición, que consiste en obter nutrientes (alimentos e osíxeno), levar estes nutrientes a todas as células do corpo, e expulsar ao exterior as substancias de refugallo.
  • Relación, que consiste en ter contacto co medio e reaccionar e relacionarse con el movéndose, pechando os ollos, saltando, falando...
  • Reprodución, que consiste en que os seres vivos poden ter descendentes da súa mesma especie.

E agora un vídeo sobre cada unha das funcións vitais:





Tes agora aquí un enlace para practicar os teus coñecementos sobre os seres vivos. 
          Fai clic aquí:OS SERES VIVOS


           AS  CÉLULAS

  •   
    A célula é a parte máis pequena con vida.
    As células realizan as tres funcións vitais.



  • Os seres vivos estamos formados por células microscópicas, e cada célula ten que realizar as funcións vitais para vivir, é dicir, as células nútrense, relaciónanse e reprodúcense.
Algúns seres vivos están formados por unha soa célula, como as bacterias . Chámanse seres   unicelulares.
Outros están formados por moitas células, son os seres pluricelulares. Nós estamos formados por ...BILLÓNS DE CÉLULAS !

 
Estas son bacterias. Cada unha está formada por unha soa célula



Un mosquito é un ser pluricelular. Está formado por más de un millón de células!







As células animais e vexetais teñen moitas partes en común, pero entre elas hai algunhas diferenzas fundamentais:


Celula-animal_2




-A forma. As células animais teñen formas máis variadas: esféricas, alongadas, fusiformes, estreladas....E tamaños variados, pequenas coma os glóbulos vermellos, grandes como as neuronas... As vexetais teñen normalmente forma de prisma e son  grandes.
-A parede celular. Só a teñen as células vexetais.
-Os cloroplastos. Só os teñen as células vexetais. Neles está a clorofila.



NOS SEGUINTES VÍDEOS PODES VER COMO É A CÉLULA ANIMAL E VEXETAL E CAL É A FUNCIÓN DE CADA UNHA DAS SÚAS PARTES:
                 A CÉLULA ANIMAL

 

      
           A CÉLULA VEXETAL




E agora uns compañeiros doutros anos   nos amosan a súa célula feita con plastilina. 

Célula animal 














OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN CELULAR



Pero... Como se organizan as células para formar seres vivos pluricelulares?

As CÉLULAS que realizan o mesmo traballo ou función , xúntanse e forman TECIDOS.
Varios tecidos que realizan a mesma función forman un ÓRGANO.
Varios órganos que realizan unha mesma función forman un APARATO ou SISTEMA.
O conxunto de todas as células, tecidos, órganos e aparatos ou sistemas forman un ORGANISMO.

Mira este esquema e debuxo que vimos na clase:
NIVEL 1- CÉLULA
NIVEL 2- TECIDO
NIVEL 3- ÓRGANO
NIVEL 4- SISTEMA OU APARATO
NIVEL 5- ORGANISMO





Esto chámase organización celular.



Estas son actividades que che poden servir  de repaso destes primeiros apartados do tema, fai clic nos seus títulos en forma de enlaces amarelos:


OS SERES VIVOS E AS CÉLULAS


ESTRUCTURA DOS SERES VIVOS

 

miércoles, 22 de marzo de 2017

ESCALAS-6º

MIDE Y APLICA LOS CONOCIMIENTOS DE ESCALAS